Polígono, Torneiros, 3ª fase, Bloque 4º, portal 2, 4ºB.

De familia numerosa. A pequena de cinco irmás.

A miña nai e o meu pai morreron o mesmo día, un 14 de Agosto.

Ela, no 2021, cando eu tiña 42 anos, a mesma idade ca que me pariu, pechouse un círculo.

Chamábase Camila Fontán.

El no 1956, 24 anos antes de eu nacer, adícome ao mesmo ca el.

Chamábase Bertold Brecht.

Cóntovos todo isto porque son directora de escena e doutoura en teatro comunitario.

Pero o máis importante é que calquera dos meus traballos, parte dunha clara conciencia de clase e é concibido dende o feminismo. En todos eles, está a teima dunha nena de arrabalde que medrou escoitando historias coa necesidade de contalas.